mércores, 13 de novembro de 2013

Ola son Roi, deixovos aquí co meu conto de medo


O colexio terrorífico
Había uns nenos de 5º de primaria chamados Iván e Pablo que eran moi bos amigos. Estaban todo o tempo xuntos, e na clase tamén estaban moi cerca. Eles ese día tiñan que ir a unha actividade actividades. Cando chegaron a aula, non había ninguén. Foron a xunto onda o director para ver que pasaba. Chegaron a aula dos profesores, e non había ninguén. Foron ver se quedara alguén na súa aula, e non atoparon a ninguén.
Iván estaba moi asustado, pero Pablo estaba moi tranquilo. Pablo mentres Iván tiña medo, estaba mascando o seu chicle de melón e facía os deberes. Escoitaron un golpe moi forte e asustáronse moito, máis do que estaban. Pablo díxolle a Iván ir a mirar haber que foi ese ruído. Foron a velo, e non atoparon nada. Volveron a aula e cando entraron as luces apagáronse de golpe, e a porta e as persianas cerraranse.
Pablo empezouse a asustar, e tirou o chicle ao chan. De repente abriuse a porta moi amodo, e entrou unha persoa con algo na man, estaban moi asustados. E logo, acenderonse as luces, e a persoa que estaba aí, resulta que era a señora da limpeza con unha escoba na man.

2 comentarios: