Cartas
dende a desesperanza
Síntome
maltratada. O outro día o meu home non estaba na casa, e
tiñamos que ir á compra. Intentei entrar na tenda, e conseguino.
Cando fun mercar as cousas o home que había na caixa, non me cobrou
a compra, e empezoume a insultar, ata que marchei.
Cando
cheguei, tamén chegou o meu home, e díxenlle o que pasara. El
respondeume que lle daba igual. Enfadeime moito, as mulleres teñen
os mesmos dereitos que os homes, porque tamén somos seres humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario