xoves, 28 de novembro de 2013

Cartas dende a desesperanza feito por Miguel, Sheila, Nahuel e Daniel Mella

Sinto tristeza porque hai xente que maltratan ás mulleres, ás persoas. Non hai que maltratar a ninguén. O que vou contar non é o meu caso pero sei que ás veces pasa:
Se estas embarazada despídente ou por ser muller e facer o mesmo que o home páganche menos. O xusto é o equilibrio.

Cartas dende a desesperanza. Feito por Silvia e Ingrid.


 Un día entrei nun restaurante, en Arabia. Os homes que estaban alí empezáronme a insultar e a mirarme con mala cara . Saín de alí correndo . Ao chegar á casa díxenllo ao meu marido. Dixo que me estaba ben por meterme onde non me chaman. Eu penso que as mulleres teñen o mesmo dereito que os homes. Nós non podemos entrar soas nos restaurantes, non podemos conducir ... non podemos facer nada soas , é unha discriminación!!

Cartas dende a desesperanza. Feito por Ricardo.


Estou moi mal, antonte fun ao bar e tiráronme as bebidas, marchei para casa, o meu home pegoume. Eu desexaría que houbese paz entre todos e que as mulleres puidesen andar libres sen ter problemas por ser unicamente mulleres. Temos unha soa vida para vivila.

Cartas Dende Desesperanza feito por Daniel F, Laura, e Natalia.


Nós queremos que haxa igualdade entre homes e mulleres, porque somos todos humanos .
O máis importante de todo e ter saúde e levarse ben con todos porque a Terra é de todos e todos podemos vivir. Non se pode abusar dos menores de edade nin deberían existir os berros horribles na cama...., voute botar se non eres a miña moza, eres unha desgraciada perdida e así non se pode ser. Deixarías de ser persoa.

mércores, 27 de novembro de 2013

Cartas dende a Desesperanza feito por Mikel, Yago R. e Pablo


Ía un día camiñando pola carretera, e entráronme ganas de ir ao baño. Entrei nun bar e botáronme para fóra, disfraceime de home. Cando ía entrar no baño viron que entrei no de mulleres e botáronme. Volvín para a casa e vin que estaba meu fillo so. Meu marido entrou na casa, estaba borracho e empezou a dicir idioteces. Pregunteille de onde viña e respondeume:
-E a ti que che importa a miña vida.
-Pois claro que me importas eres o meu marido.
-Cala, eu non te quero, solo te quero para que limpes a casa.
-Pero que dis!
-Cala ou mato o neno.
-Non o mates!
Eu botei a correr mentres choraba cara o meu cuarto, pechei a porta con chave, el golpeaba a porta. Chamei á policía.

xoves, 21 de novembro de 2013

Cartas dende a desesperanza. Feito por Xurxo, Iago Mato, Iván e Roi


Cartas dende a desesperanza
Síntome maltratada. O outro día o meu home non estaba na casa, e tiñamos que ir á compra. Intentei entrar na tenda, e conseguino. Cando fun mercar as cousas o home que había na caixa, non me cobrou a compra, e empezoume a insultar, ata que marchei.
Cando cheguei, tamén chegou o meu home, e díxenlle o que pasara. El respondeume que lle daba igual. Enfadeime moito, as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes, porque tamén somos seres humanos.

25 de novembro. Contra a violencia de xénero

Contra a violencia de xénero.
Actividades do ENDL Páxina do CPI Fonte Díaz

CARTAS DENDE A DESESPERANZA, dirixida a 2º e 3º ciclo de Primaria e a ESO. As cartas poderán ser individuais ou realizadas de xeito colectivo. Nelas, asumindo a voz dunha muller que sufra algún tipo de maltrato, expoñeremos as situacións nas que se encontran moitas mulleres deste mundo.

xoves, 14 de novembro de 2013

Ola, somos Natalia e Pablo e queremos ensinarvos os nosos contos de medo.


UNHA BRUXA TOLA

Había unha vez unha bruxa que era vella e ía ao colexio e metíalle medo aos rapaces, non tiña familia. Un día doulle un mareo na clase, pero cando lle dou o mareo devolveu, devolvía de cor verde. Foi ao médico e díxolle que era por unha comida que comera. Todos os rapaces lle preguntaban a profesora:
-Que lle pasou a bruxa?
A profesora non sabía que lle pasaba. Os rapaces Roi, Iago M, Iván, Laura, Sheila e Daniel Ferro tiñan moito medo e choraban que era moito.

FIN

Unha noite terrorífica.
A noite de Halloween uns nenos estaban dando un paseo e encontraron a un home maior ferido e axudáronlle a levantarse e levárono a súa casa para curalo e pedíronlle a seus pais se podía durmir na súa casa, seus pais dixéronlle que si e foron para a cama, as 00:00un dos nenos veu unha sombra con un coitelo na man, e asustouse tanto que saleu correndo hasta o cuarto dos seus pais e díxolles:
_ Papa, mama! _ ¿Que pasa? _ Vin unha sombra. _ Seguro que o imaxinaches. As 3:00 o outro neno volveu a ver a sombra co coitelo e do medo gritou tan forte que se oíu na casa dos veciños que foron a ver que pasaba e chamaron a porta os pais dos nenos abríronlle a porta con cara de medo e dixeronlles :

_ Vimos un fantasma cun coitelo.
_ Onde vistedes.
_ No salón.
_ Pois busquémolo.

Xunto os veciños buscaron o fantasma, e como non o encontraban asi que se pararon a descansar e de repente virono agarrarono quitaronlle a manta e descubriron que era o home que traeran a sua casa e desde entonces non volveron a invitar a dormir a nadie.

Ola son Sheila e quérovos mostrar o meu conto de medo.



O medo na casa.


Había unha parella que comprou unha casa nunha montaña, o pobo estaba abaixo de todo .
Na casa  decían que pasaban cousas moi raras que habia pantasmas, zombis , vampiros e moita sangue , na casa tamen dician que a última familia foran vampiros, os nenos desa familia déronlle tempo a escapar pero as pantasmas correron  tras deles e pilláronos. Cando a parella chegou a casa non se estrañaron de nada .Pero os veciños si que se estrañaban .Un dia petaron á  cporta, era a morte encarnada nun esquelete cun machado na man, intentaron escapar pero a morte, os vampiros, as pantasmas e os zombis atraparonos. matáronos pero non se comverteron en vampiros. Nese momento os veciños souperon que pasaba algo raro e non os molestaron máis.

mércores, 13 de novembro de 2013

Ola son Roi, deixovos aquí co meu conto de medo


O colexio terrorífico
Había uns nenos de 5º de primaria chamados Iván e Pablo que eran moi bos amigos. Estaban todo o tempo xuntos, e na clase tamén estaban moi cerca. Eles ese día tiñan que ir a unha actividade actividades. Cando chegaron a aula, non había ninguén. Foron a xunto onda o director para ver que pasaba. Chegaron a aula dos profesores, e non había ninguén. Foron ver se quedara alguén na súa aula, e non atoparon a ninguén.
Iván estaba moi asustado, pero Pablo estaba moi tranquilo. Pablo mentres Iván tiña medo, estaba mascando o seu chicle de melón e facía os deberes. Escoitaron un golpe moi forte e asustáronse moito, máis do que estaban. Pablo díxolle a Iván ir a mirar haber que foi ese ruído. Foron a velo, e non atoparon nada. Volveron a aula e cando entraron as luces apagáronse de golpe, e a porta e as persianas cerraranse.
Pablo empezouse a asustar, e tirou o chicle ao chan. De repente abriuse a porta moi amodo, e entrou unha persoa con algo na man, estaban moi asustados. E logo, acenderonse as luces, e a persoa que estaba aí, resulta que era a señora da limpeza con unha escoba na man.

Ola, son Xurxo e móstrovos o meu conto de medo:
A cova dos monstros.
Un dia Xián estaba camiñando polo monte do seu pobo e de súpeto caeu nun buraco no que había una fenda de luz que proviña dunha especie da porta. Xián foi cara esa porta e cruzouna. Detrás había un gran templo vixiado por dous esqueletos que tiñan uns arcos e ameazábano con dispararlle , e ao fondo do templo había un gran cofre no que había unha luz roxa moi potente. Tamén había unha gran parcela chea de pantasmas, demos, monstros etc. Pero Xián non cría neles, e nese instante rompéronse os barrotes e  comezaron a asustalo, a romperlle a roupa...
Despois daquel dia non deixou de crer nos monstros.