O Apalpador axuda a uns nenos pobres.
Un día unha familia pobre que vivía
moi cerca dun monte estaba collendo leña, mentres un home alto e
delgado con cara de rosmón dixolles:
- Tedes que pagar a casa ou botámosvos.
- Prometémosvos que vola pagaremos.
- Pois apurade.
Pola noite do 24 a
familia foi a cea de noite boa na casa dos avós e alí mentres os
nenos xogaban
virón que os seus pais
falaban cos avos de que tiñan moi pouco diñeiro. Eles dixéronlle
que non lles podían axudar porque a eles tampouco lles chegaba os
cartos para moito. Mentres os oían os nenos pedíronlle ao
Apalpador que axudara aos seus pais. Cando marcharon deitáronse e
esperaron durmidos. Á mañá seguinte debaixo da árbore
encontraron moito diñeiro e agradecéronlle ao Apalpador que lles
houbera axudado e dende entón traballaron e foron boa xente coma o
Apalpador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario